Friday 26 de April de 2024

O Concello de Cabanas consolidará 16 prazas


O goberno local agradece a implicación no proceso das traballadoras e traballadores municipais e dos sindicatos participantes

O Concello de Cabanas vén de aprobar as bases para os procesos de estabilización de 16 prazas, correspondentes aos postos de operario/a condutor/a, peón/peoa, encargado/a de obras, operario/a de servizos múltiples, arquitecto/a, arquitecto/a técnico/a, limpador/a do Centro de Saúde, limpador/a de edificios municipais, traballador/a social, educador/a social e auxiliares de axuda no fogar.

Logo de pasar polas mesas xerais de negociación, as bases quedaron aprobadas o mércores 28 de decembro por unanimidade.

O goberno local quixo agradecer “a colaboración e implicación no proceso”, tanto por parte das traballadoras e traballadores municipais como das organizacións sindicais participantes nas negociacións, facendo posíbel sacar adiante o proceso para poder remitilo ao BOP para a súa publicación.